21-04-2022. María del Carmen Iglesias traballa en Peixes Mucha, un posto localizado na Praza de Abastos de Moaña (Pontevedra).
- Bo día, Carmen, cóntanos cousas sobre o teu traballo, comezaches ti unha aventura empresarial ou o teu negocio ten tradición familiar?
Este posto xa era da miña nai, cando se xubilou decidín coller eu o posto, disto xa fai arredor de 16 anos.
- Pensas que o teu posto vai a ter nun futuro un relevo xeracional?
Agora penso que xa é máis complicado o trámite que fai anos xa que é o concello, como propietario do posto, o que os somete a subasta. No meu caso, que teño tres fillos, non vexo claro o relevo polo momento.
- Qué tipo de produtos ofrecedes en Peixes Mucha?
Sempre peixe do día, de baixura, de cercanía. En contadas ocasións podo ter pequenas cantidades de marisco según o que haia na lonxa. Pero de calquera maneira merco cantidades pequenas de peixe, a realidade de hoxe é que os prezos non deixan de subir e hai que seleccionar con coidado a mercancía que unha merca, máxime se contamos con que as grandes superficies son as que se levan as mellores puxas nas lonxas.
- Tes unha clientela habitual ou varia moito o seu perfil?
Hai xente que compra a diario, pero os menos. A xente vai variando de postos e tamén temos que ter presentes aos supermercados que son unha gran competencia para nós, fai anos non quedaba outra que ir á praza a mercar.
- Fas algún tipo de promoción ou de campaña de márketing?
Todo o que facemos é a través da propia asociación da praza, ainda que cada vez somos menos socias.
- Fálanos do teu día a día, como é unha xornada de traballo de Carmen?
Pois levántome ás 4 da mañá e diríxome á lonxa de Vigo, merco o peixe e chego á praza sobre ás 8, preparo o posto e abro a venda. A praza de Moaña abre de 8 a 15h, pero é certo que tanto a primeira como a última hora hai moi pouca xente.
- O feito de ser muller, en moitos casos supón un esforzo adicional a varios niveis: a conciliación familiar, os estereotipos, malas contestacións, acceso a formación...., cres que no teu caso o feito de ser muller condicionou nalgún momento ou dalgunha maneira a túa actividade?
Non no meu caso. Ao estar cara ó público hai que ser diplomática e sempre pode haber algún tono un pouco fora de lugar pero como o que podemos ter todos chegado un momento.
- Partimos da premisa de que os produtos que se venden nas prazas de abastos son polo xeral de máxima frescura, cun trato personalizado e en moitas ocasións incluso máis baratos do que podemos atopalos noutros puntos de venda, ainda así, parece evidente que os ferfís de consumidores máis novos non acoden ás prazas. De qué maneira crees que podemos animar as visitas e o consumo da xente máis nova nas Prazas de Abastos?
A xente que vai ao supermercado non repara nin no prezo nin na calidade, solo en poder facer a compra nun mesmo sitio e moitas veces con estímulos comerciais e de regalos que os pequenos praceiros non podemos igualar.
#historiasdeloitadoras